Bay City Rollers

Bay City Rollers
Bay City Rollers en 1976
OrixeEdimburgo, Escocia Escocia
Período1964 - 1981
1982 - 1987
1990
1996
1999 - 2000
2015 - 2016
2018 - presente
Xénero(s)pop, glam rock, pop rock
Selo(s) discográfico(s)Bell, Arista, Epic
MembrosStuart “Woody” Wood
Ian Thomson
Marcus Cordock
Jamie McGrory
Na rede
thebaycityrollers.co.uk
IMDB: nm1163873 Spotify: 3r9TXuXfOUxXjgYgAR0fP8 iTunes: 313825 Last fm: Bay+City+Rollers Musicbrainz: 28cc1f98-add6-49d5-820a-ce973ee2954b Songkick: 21514 Discogs: 180924 Allmusic: mn0000151979 Deezer: 13878 Editar o valor en Wikidata

Bay City Rollers é unha banda escocesa de pop rock coñecida pola súa popularidade mundial como ídolos adolescentes na década dos 70. Foron chamados as "sensacións adolescentes de tartán de Edimburgo" e foi un dos moitos artistas anunciados como o "grupo máis grande dende os Beatles".[1]

A banda pasou por moitos cambios ao longo dos anos, pero a formación clásica durante o seu pico de popularidade incluía aos guitarristas Eric Faulkner e Stuart Wood, ao cantante Les McKeown, ao baixista Alan Longmuir, e ao batería Derek Longmuir. A formación actual (dende 2018) inclúe ao guitarrista orixinal Stuart "Woody" Wood, ao vocalista Ian Thomson, ao baixista Marcus Cordock, e ao batería Jamie McGrory.[2]

Bay City Rollers leva vendidos 120 millóns de discos en todo o mundo, sendo un dos artistas con máis vendas da historia.[3]

  1. British hit singles & albums. (19th ed ed.). London: Guinness World Records. 2006. p. 45. ISBN 978-1-904994-10-7. OCLC 64098209. 
  2. "BAY CITY ROLLERS - OFFICIAL WEBSITE". www.thebaycityrollers.co.uk. Consultado o 2022-12-25. 
  3. "Bay City Rollers announce reunion". BBC News (en inglés). 2015-09-22. Consultado o 2022-12-25. 

Developed by StudentB